ASISTENCIA DE MENORES AO EVENTO
Queremos que este festival sexa tamén familiar, por iso, os menores de 12 anos entran de balde, xa que nos encanta ter aquí aos máis peques.
Se queres que os teus fillos te acompañen ao festival, é necesario que cubras a autorización que poderás descargar no botón de abaixo.
Lembra que os menores de 12 anos deberán ir acompañados dunha persoa adulta responsable.
Se es menor de 16 anos, descárgate a autorización e entrégaa nas taquillas.
Lembra que os menores de 16 anos teñen que ir acompañados de nai/pai/titores ou dunha persoa adulta autorizada por eles.
Se tes entre 16 e 18 anos, non fará falta que vaias acompañado de ningunha persoa adulta, pero terás que presentar a autorización que podes descargar máis abaixo e unha fotocopia do DNI da nai / pai / titor legal nas taquillas á hora de recoller a túa pulseira.