-
Autoestrada AP-9: Actualmente a autoestrada AP-9 (Ferrol – Narón – Madrid) conecta con Freixeiro, A Gándara, O Ponto (Xuvia) e co Polígono Industrial Río do Pozo grazas a vías de alta capacidade. Estes ramais da autoestrada conectan tamén os núcleos urbanos.
Autovía A-64: A autovía A-64, que une Ferrol con As Pontes e Vilalba, dispón de 3 accesos en Narón: en Sedes, Castro e no Polígono Industrial Río do Pozo.
A estas dúas vías principais hai que engadir unha extensa rede de estradas:
Estrada de Castela: Esta estrada conta con 6,5 km de lonxitude cos que atravesa o núcleo urbano ata chegar a Ferrol.
Estradas autonómicas: As estradas que unen Ferrol con Cedeira e Ferrol con Ribadeo.
- Ferrocarril FEVE: O tren Ferrol – Xixón, de FEVE, é unha moi boa alternativa ao transporte por estrada, sobre todo no que respecta ás viaxes de proximidade. En Narón existen 8 apeadoiros que achegan as áreas rurais e as zonas urbanas.
- Ferrocarril RENFE: É posible chegar ata Ferrol, concello limítrofe con Narón, e desde alí achegarse por estrada ou no FEVE.
- A proximidade dos aeroportos da Coruña (50 km) e de Santiago de Compostela (80 km), comunicados con Narón por autoestrada, permite achegarse de forma rápida a aquelas persoas que viaxen por vía aérea.
- Web do Aeroporto da Coruña: www.aena.es/es/aeropuerto-a-coruna
- Web do Aeroporto de Santiago de Compostela: www.aena.es/es/aeropuerto-santiago